Continuamos cas actividades da semana adicada a animación a lectura, primeramente agradeceros a colaboración na actividade: " A miña familia lee ", así de bonita está a nosa entrada ao cole con tódalas fotos.
O xoves continuamos no noso despertar lendo, esta vez foi un fermoso conto sobre as diferentes vivendas según o lugar do mundo, o modo de vida e os materias cos que se conta para construilas.
Pola tarde volvemos a ter a sorte de contar con Artem, pai de Viktor, que nos contou unha historia popular de Ucrania sobre animais, quedamos sorprendidos e encantados ao escoitalo falar en ucraniano, grazas Artem por querer compartir o teu tempo con todos nós.
O venres rematamos esta semana de animación á lectura co conto " La magia de Sisi ", co que aprendemos o valor de ser diferentes e o crecemento en autoestima.
Despedimos esta semana tan amena e divertida, sen esquecer que debemos ler tódolos días, os libros son entretidos, máxicos, fan que viaxemos por diferentes lugares e con medios diferentes, fomentan a nosa fantasía,... en definitiva son útiles e necesarios no noso crecemento, así que CONTINUEMOS CAS NOSAS LECTURAS!!