A semana do 23 de Abril- día do libro- celebramos a semana da animación a lectura, os contos están sempre presentes na aula, os libros espertan curiosidade, imaxinación, fantasía,...son súper divertidos e aprendemos moito con eles; nesta semana de maneira especial, este ano co tema transversal: " Entre letras e culturas ", estamos así coñecendo curiosidades, xente, costumes, gustos,...da diversidade de lugares e habitantes do noso planeta.
O luns ignaguramos a semana co conto de " Antón e Pompón e os diferentes nenos do mundo " e divertímonos un montón.
O martes no noso despertar disfrutamos cun conto sobre unha das típicas costumes da cultura africana " O pañuelo de mamá " e pola tarde unha historia de Arxentina sobre o colibrí, estivemos motivados e ilusionados pois Bárbara deleitounos cun teatro de sombras.
Hoxe viaxamos a Tokio, grazas a boneca xaponesa Aoki que foi visitar a súa amiga, con elas coñecemos costumes, comidas, lugares,...deste país.
Seguiremos contando e disfrutando, pois quedan ainda máis lecturas e lugares que coñecer.