"EN FORMA”
No Segundo Ciclo de Infantil, durante o Primeiro Trimestre , traballamos como proxecto , os deportes, levando o Tópico Xenerativo de “EN FORMA” e os fíos condutores:
-COMO NOS VEMOS?
-QUE NOS BENEFICIA?
-CAL SE CHE DA MELLOR?
Comenzamos o proxecto coñecendo :
• o corpo e as súas partes
• os hábitos saludables (a alimentación, o descanso, a hixiene o exercicio…),
• e adentrándonos máis ,no coñecemento dos diferentes deportes.
Tivemos a sorte de contar coa participación, experiencias e consellos de deportistas como a maratoniana Yolanda Gutiérrez Robles, e atletas olímpicas destacadas a nivel nacional e internacional como Adiaratou Iglesias. Agradecemos moito que sacaran un anaquiño do seu tempo , e , ternos aportado as súas vivencias, compartir grandes valores como: o esforzo, o traballo en equipo, o respeto aos demáis no mundo do deporte e que tamén , os podemos aplicar o noso día a día.
A continuación compartimos con vós o noso video , onde vos contamos algunhas das cousas que aprendimos :
Tamén o vídeo de Adiaratou Iglesias respondendo algunhas das nosas preguntas, e mostrando as súas medallas máis especiais.