12 marzo 2022

SEMANA DA PRENSA

    

 Ao longo desta semana tod@s os da Casa do Neno estivemos celebrando a semana da prensa: os nen@s de 3, 4 e 5 anos levamos a cabo variadas e motivadoras actividades: chuvías de ideas, conversas para saber a que chamamos prensa, para que nos serve,...profundizando un pouco máis na prensa escrita e nas súas variadas utilidades: informarnos, manualidades, material en xogos de psicomotricidade, lecto-escritura, actividades musicais,...

    Nesta galería de fotos podemos ver unha mostra destas divertidas  actividades:


    OS  NEN@S  AULA  DE  3  ANOS

























    OS  NEN@S  AULA  DE  4  ANOS
























    OS  NEN@S  AULA  DE  5  ANOS





















08 marzo 2022

SESIÓN MUSICAL CON XORNAIS

Dentro desta Semana da Prensa, nas sesións de estimulación musical tamén traballamos con xornais.

Realizamos primeiro unha actividade de estimulación, na que nos centramos no traballo do ritmo para acompañar unha melodía, e o instrumento que utilizamos para dito acompañamento foi a folla dun xornal. 

Despois realizamos unha actividade de equilibrio na que debiamos permanecer sempre enriba da folla do xornal, que cada vez era máis pequena, procurando non tocar nunca fóra da mesma. 

Queredes ver o ben que o pasamos?

Deixámosvos algunhas fotos e un vídeo.