08 marzo 2022

SESIÓN MUSICAL CON XORNAIS

Dentro desta Semana da Prensa, nas sesións de estimulación musical tamén traballamos con xornais.

Realizamos primeiro unha actividade de estimulación, na que nos centramos no traballo do ritmo para acompañar unha melodía, e o instrumento que utilizamos para dito acompañamento foi a folla dun xornal. 

Despois realizamos unha actividade de equilibrio na que debiamos permanecer sempre enriba da folla do xornal, que cada vez era máis pequena, procurando non tocar nunca fóra da mesma. 

Queredes ver o ben que o pasamos?

Deixámosvos algunhas fotos e un vídeo.