Este último proxecto do curso, co tópico xenerativo MÁIS CLARO...H2 O chegou ao seu final, como é habitual no noso producto final levamos a práctica algo do aprendido durante o mesmo, estes últimos días estivemos falando da importancia de coidar, reciclar e aforrar auga, unha das posibilidades é recoller e aproveitar a auga da choiva, polo que aproveitando material de refugallo fabricamos un depósito que recolla dita auga, ca que poder regar as plantas do noso cole, gustounos e divertímonos moito durante a actividade.
FAI CLICK NA FOTO