Cada 17 de Maio en Galicia faixe unha homenaxe a un autor que defendeu ca súa obra o noso idioma, este ano dedicouse a escritora e tamén violinista Luisa Villalta, os nenos e nenas do segundo ciclo de infantil xuntámonos para celebralo, coñecemos datos biográficos da autora e a súa obra, entre todos compoñemos un cartel lembrando este día.
Na nosa aula con Andrea tamén lembramos palabras moi significativas da nosa lingua, logo en equipo elaboramos un cartel onde enlazamos a importancia da nosa fala e o aprendido no noso proxecto.