Seguimos de CONMEMORACIÓNS e a semana pasada celebramos A CANDELORIA OU PURIFICACIÓN DA VIRXEN MARIA, unha festa que se celebra o 2 de febreiro , os corenta días da navidade, onde a Lei de Moisés ordeaba a purificación ritual da nai, durante corenta días despois do alumbramento, sen poder entrar no templo , ata que tiña lugar a presentación do seu fillo primoxénito , para ofrecelo a Deus en agradecemento dos que foron liberados de morrer antes da saida de Exipto a raíz da derradeira das dez plagas , éxodo que durou 40 años.
Este ritual , materializábase cunha ofrenda ,bendición e procesión de candeas dentro da igresia . É , unha das festas mais antigas entre todas as que ten adicadas a Virxen durante o ano , introduxoa o papa Xelasio I en 496.
O feito de que se vexan os primeiros xermolos , e que , non anda lonxe a primaveira, fai que a data da CANDELORIA, adquira outro simbolismo, así, acostuma dicirse que é o tempo no que casan os paxariños .
Nós ,centrámonos neste aspecto e fixemos:
1° Cas aulas de 5° e 6° de infantil , falamos do que era esta festa.
2° lemos varios refráns
3° Aprendimos este refrán:
Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.