Os nen@s de segundo ciclo de infantil comezamos un novo proxecto cheos de ilusión e con moitas gañas de aprender, o incio foi sorprendente, super-especial e divertido: recibimos a visita dunha persoa moi importante e famosa, a científica Lupe, chegou dende moi lonxe e a toda presa (viña montada no seu veloz patinete), quería compartir con tod@s nos o seu saber e a súa experiencia de laboratorio, disfrutamos duns experimentos máxicos e alucinantes: poidemos ver un ovo que flotaba, uns globos que inflaban por arte de maxia e un pequeno volcán que botaba moita lava; rematamos bailando unha super-movida canción sobre a ciencia; todo isto dounos unha grande e clara pista do que vai ser o noso tópico xenerativo: MAXIA OU CIENCIA ??; pasamos unha mañan moi entretida e divertida, deixounos a boca moi doce por saber moitas máis cousas, de seguro que o vamos pasalo moi ben, non hai mellor proba dIsto que as fotos que ilustran o momento .