21 enero 2022

                                       NOVO  PROXECTO SEGUNDO TRIMESRE

O comezo  desta semana foi ben emocionante para todos nós. Tanto en Infantil como na Primaria demos comezo ao proxecto deste segundo trimestre. O tópico Xenerativo no segundo Ciclo de Infantil é “ QUE O RITMO NON PARE”. Con el traballaremos tres músicos clásicos destacados: Mozart en 4º de Infantil, Vivaldi en de 5º de Infantil e Beethoven na aula 6º de Infantil.

   Coma sempre iniciamnos o proxecto co RETO/DESAFÍO. Os nenos e nenas encontraron a entrada e o interior do cole completamente decorado con temática musical, e iso non foi todo. Esa mesma mañá recibimos unha mensaxe moi especial dun amigo do tecaher Javi. Tratávase de Yavilov, un director de orquesta que nos convidou ao hall para desfrutar dunha sesión interactiva relacionada coa música.

   Organizados en pequenos grupos, realizamos unha actividade que consistía en pulsar sobre tabletas, escoitar e discriminar de forma auditiva e visual diferentes instrumentos musicais. Finalmente  o director  Yavilov púxonos unha peza musical na que escoitamos todos os instrumentos previos soando de forma conxunta nunha orquesta.

   Xa de volta ás aulas e coa emoción e a motivación no corpo,  reflexamos toda a experiencia vivida ao longo da mañá nos nosos traballos de RUTINAS DE PENSAMENTO, METACOGNICIÓN INICIAL, e PLANIFICACIÓN DE EQUIPOS  para o traballo que nos espera. Seguiremos compartido con vós os avances neste novo proxecto.


AULA 4º DE INFANTIL













AULA 5º DE INFANTIL











 

AULA 6º DE INFANTIL